Antela, La Nava e La Janda, un trío de ases

A aposta pola recuperación das tres grandes lagoas ibéricas

Pouco antes de que o Grupo Naturalista Hábitat e SGHN enviaran ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD) a proposta “Humidais galegos: unha débeda pendente”, con data 08-12-2020 a Asociación de Naturalistas Palentinos, a Asociación de Amigos de La Janda e SGHN enviaron ao MITERD a proposta para recuperar as tres grandes lagoas ibéricas: Antela, La Nava e La Janda.

Co gaio do Día Mundial dos Humidais de 2021 a Ministra Teresa Ribera anunciou un plan co obxectivo de alcanzar para 2030 “a recuperación doutras 20.000 hectáreas de humidal, así como a restauración parcial de tres dos maiores humidais españoles perdidos no pasado: Lagoa de la Janda, Lagoa de Antela e Mar de Campos”. Cando quedan apenas seis anos, nada se sabe aínda dos plans para recuperar o “trío de ases”…