Bambusoideae_SGHN_Atlas_EEI

Bambusoideae (Hauhrich, 1980)

Phyllostachys, Bambusa, Arundinaria… Estas gramíneas coñecidas como bambús, proveñen de áreas tropicais e subtropicais. Foron introducidas para uso ornamental, agrícola e industrial. Posúen unha grande capacidade de proliferación desprazando á vexetación autóctona pola asfixiante ocupación e sombreado do solo. PDF

Ler máis

Bacopa monnieri

Bacopa monnieri (L.) Pennell.

Bacopa monnieri pertence a familia das escrofulariáceas, é de orixe tropical e foi citada en Galicia por vez primeira no ano 1906. Atopámola en ambientes húmidos, como as beiras de lagoas, regatos e as zonas enchoupadas de auga doce ou salgada, onde presenta un claro comportamento invasor. Compite polos recursos…

Ler máis

Arundo_donax_L_SGHN_Atlas_FEI

Arundo donax L.

Trátase dunha herba gramínea de orixe asiática citada en Galicia por vez primeira no ano 1852. É coñecida como cana ou xunco xigante. Introduciuse para uso ornamental, formar sebes e soster os emparrados das viñas, práctica en desuso que provocou a súa proliferacion e descontrol no medio natural. Atópase naturalizada…

Ler máis

Arctotheca_calendula_SGHN_Atlas_FEI

Arctotheca calendula (L.) Levyns

Á margarida africana ou mala herba do Cabo gústanlle moito os ambientes alterados e os terreos removidos. Aínda que foi introducida como ornamental, a alteración do home sobre as dunas costeiras, marismas e cantís favorece a súa presencia en detrimento de especies autóctonas máis sensibles e ameazadas. Dispersa as sementes…

Ler máis