18 de maio: Día Internacional dos Museos e… novidades dende o Museo de Historia Natural!

Así é. O Museo de Historia Natural, como membro dos Espazos Museísticos Atlánticos, participa no reparto das Guías dos Espazos Museísticos da devandita rede.

Que é a Rede de Espazos Museísticos Atlánticos? Tamén coñecida como Rede REMA, é a primeira rede especializada en contidos relacionados coa cultura mariñeira atlántica europea.

En que consisten as Guías dos Espazos Museísticos? Informan dos elementos patrimoniais máis relevantes de cada espazo que integra a Rede REMA.

Quen integra a Rede REMA? Espazos vencellados co mar e coa cultura mariñeira das costas galegas, asturiana e portuguesa.

Xa teño a Guía. Ademais de consultala, que máis podo facer con ela? Grazas ás guías podes obter o Pasaporte REMA, que mediante uns selos que colocarán en cada espazo que forma parte da Rede que ti visites, coñecido como selo REMIÑA, poderás formar parte se queres do sorteo de 19 cestas con produtos mariñeiros.

Ver máis información en: https://www.redrema.eu/gl/remina/

Se tes interese no mar e na cultura mariñeira, achégate polo Museo de Historia Natural en Ferrol e consegue a túa Guía dos Espazos Museísticos coa que obter o teu Pasaporte REMA!