SGHN e Biodiversidad Virtual organizan o 6º Testing fotográfico de biodiversidade no espazo natural das Gándaras de Budiño. A actividade consiste en fotografar o máximo número de especies de fauna e flora dunha zona para despois contribuír coas imaxes ó Proxecto ”Biodiversidad Virtual” www.biodiversidadvirtual.org e participar no Catálogo de Biodiversidade do ZEC Gándaras de Budiño.
Será nas Gándaras de Budiño (O Porriño, Salceda e Tui) o sábado 11-08-2018, de 10:00-14:00 horas
É imprescindible unha cámara de fotos que pode ser compacta ou réflex, incluso un tfno. móbil, no posible con capacidade macro para sacar fauna e flora pequena de cerca. É necesario levar ropa axeitada para pasar unha mañá de verano andando á beira do río Louro.
Prazas limitadas. Inscrición gratuíta en: gandaras@sghn.org
Entre os valores naturais que alberga a Zona de Especial Conservación “ZEC Gándaras de Budiño”, destacan os hábitats prioritarios como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas, que albergan unha gran biodiversidade. Inclúe varias decenas de especies de prantas, vertebrados e invertebrados protexidos, destacando a flora adaptada a estes hábitats, as poboacións de aves acuáticas e aves de bosque autóctono, anfibios, réptiles, mamíferos e invertebrados.
*Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a tódalas persoas interesadas. Cada participante é responsable único das súas accións e accidentes que puideran producirse. Os convocantes da actividade non se responsabilizan a nivel persoal nin colectivo dos accidentes que podan ocorrer.