Presentamos unha nova ficha de identificación das bolboretas comúns de Galicia e a penúltima da serie. En breve presentaremos a que pecha o ciclo de bolboretas galegas: a familia Hesperiidae.
Nesta ficha podemos ver as cinco especies de Melanargia que habitan no nosos campos, algunha verdadeiramente esquiva como Melanargia ines e outras extraordinariamente abondosas, como Melanargia lachesis, presente en toda Galicia excepto o norte e este, onde é sustituida por Melanargia galathea.
As Limenitis e Apatura non son raras, pero polo seu costume de vivir nas copas das árbores dos ríos, son menos visibles ca outras.
Por último temos a Libythea celtis e Hamearis lucina, especies que non son habituais de ver. Se localizas a árbore do Lodoeiro ou virgondoiro (Celtis australis) agradecemos que nos envíes a súa ubicación a entomoloxia@sghn.org, pois se está esta árbore, case seguro que podemos ver a Libythea celtis perto dela.

