Publicación 11ª actualización atlas hérpetos

Este ano 2024 colgamos na web da Sociedade Galega de Historia Natural a 11ª actualización do Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia, 13 anos despois da publicación do Atlas. Ademais, imos editala tamén en papel pero, debido ó coste do mesmo, optamos por unha edición vía pre-pago para poder imprimilo. A publicación consta de 188 páxinas nas que se amosan os mapas de distribución das 41 especies de anfibios e réptiles presentes en Galicia, xunto cunhas gráficas de citas por mes e por altitude.

Preme aquí para descargar unha mostra da publicación

O custe da impresión depende do número de exemplares a imprimir, polo que necesitaríamos saber cantos estades interesados na súa adquisición, para determinar o importe final. Como orientación, para imprimir 100 exemplares, o prezo a pagar sería de 7,00 € para socios e colaboradores do Atlas e 12,00 € para os demais. De ser o caso, hai que engadir os gastos de envío por correo postal ou paquetería. Se se chegaran a imprimir 200 unidades, o prezo sería máis reducido.

As persoas interesadas deben enviar un correo electrónico a herpetoloxia@sghn.org indicando nome completo, enderezo postal e se son socios ou colaboradores.