Saída interpretación medio intermareal

A delegación de Ferrol da SGHN convídate a participar na saída que organiza o sábado 19 nas Mirandas, na ría de Ares, onde terá lugar unha actividade de interpretación do medio intermareal. Trátase dunha actividade de pago por non vir subvencionada, de maneira que as persoas socias pagarían 6€ e as non socias 10€ (a pagar ao monitor, polo que cómpre levar xusto para evitar o cambio). A actividade virá guiada polos socios biólogos da SGHN Joam Luis Ferreiro Caramés e Pedro Fernández Flores, conxuntamente co científico Juan Trigo (do Grupo de Estudos Mariños).

A hora e lugar de encontro será ás dez (10:00 h) da mañá no paseo de Ares, no cruce da Praza Sánchez Barcaiz coa Avenida do Teniente https://maps.app.goo.gl/ErCypNv65fg6gsz66  para trasladarnos posteriormente á praia das Mirandas.

IMPORTANTE: Esta actividade é de dificultade media por tratarse dun terreo rochoso. O límite será de 20 participantes, sendo preciso inscribirse previamente no correo electrónico ferrol@sghn.org, aportando datos como son o nome, apelidos, DNI e teléfono. Será necesario levar botas de auga.