Venres 22 de novembro a partir das 19:00h no Teatro Principal de Pontevedra: ENTRADA GRATUITA!!
Sinopse
Un dos bosques mellor conservados de Europa permanece esquecido polo mundo nun pequeno recuncho da provincia de León. Para moitos, a idealización da fauna salvaxe na Cordilleira Cantábrica. O escenario perfecto para realizar traballos pioneiros deste tipo.
Tres anos de traballo con cámaras automáticas que permitiron desvelar os detalles da vida íntima dos habitantes do Bosque. Aportando datos esenciais sobre a poboación de osos ou a dinámica poboacional do lobo.
Por primeira vez nas pantallas, aspectos inéditos de especies emblemáticas da nosa fauna amosándonos a beleza da súa vida cando ninguén as ve, cando nada as perturba. Sen aditivos, sen manipulación.
No cadro das VII Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade organizadas pola Delegación de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural.
- Inscricións: https://forms.gle/peegHaxSyxzRH4Ej8
- Máis info: https://sghn.org/inscricion-vii-xornadas-de-patrimonio…/