Saída diúrna a Doniños coa SGHN

Desta vez será de carácter diúrno e co fin de contrastar coa nocturna do pasado sábado

A delegación de Ferrol ofrece una nova actividade de divulgación no medio natural dentro do seu programa de actividades “OUTONOS NATURALISTAS” baixo o patrocinio da Deputación da Coruña.
Nesta ocasión, SGHN guiará ao longo da mañá do sábado 16 (de 10:00 a 13:00 h aprox.) un paseo por Doniños, cun límite de prazas de 20 persoas.. Ao igual que na saída anterior de carácter nocturna, percorrerán o paseo do areal preto do sistema dunar, así como os terreos e o piñeiral no antigo campo de tiro militar, para finalmente visitar a lagoa onde se atopa o observatorio de aves no terreo que foi doado no seu día pola oceanógrafa ferrolá Ángeles Alvariño e o seu home. Durante esta andaina darán a coñecer a xea, flora e fauna local, ao mesmo tempo que a historia que envolve á lagoa e ás súas inmedicacións.

A actividade é de dificultade baixa-media, e se recomenda levar un calzado cómodo tipo montaña ou no seu lugar botas de auga, así como roupa acorde coa meteoroloxía prevista para esa xornada. Para a correcta inscrición na actividade, é preciso contactar coa delegación de Ferrol no correo electrónico ferrol@sghn.org e facilitar nome completo, DNI e un teléfono de contacto. Por esixencia do seguro, as persoas maiores de 65 anos deberán facilitar tamén a súa data completa de nacemento.

  • Divulga ti tamén!