A provincia da Coruña conta cun patrimonio natural diverso, e este ano dende a delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN-Ferrol) estamos a coñecer en profundidade diferentes hábitats e especies ameazadas da man de asociacións que traballan para protexelas, así como a través de pequenos roteiros, onde poderemos ver in situ os proxectos de conservación que estas entidades realizan.
Con vistas a ofrecer información sobre estas actividades que veñen organizadas pola SGHN-Ferrol baixo patrocinio da Deputación da Coruña, compartimos con vós o noso calendario das vindeiras actividades previstas (conferencias e saídas).
As conferencias non precisan de inscrición previa, e serán de acceso libre ata completar aforo no auditorio do Museo de Historia Natural na Praza de Canido.
Lembramos que de ter interese nalgunha das saídas previstas, a inscrición só será posible no momento de saír anunciada cada unha destas nos habituais medios da SGHN (correo electrónico, RRSS, etc).
Unha vez anunciada cada unha das saídas ao medio, para efectuar a correcta inscrición de cada participante, deberase aportar o nome completo (nome+2 apelidos); DNI (con letra); teléfono de contacto e data de nacemento (esta última é por esixencia do seguro).
SAÍDAS
- 27/09/2025: Ruta guiada por algunhas fincas da asociación Brexa.
- 11/10/2025: Ruta guiada a unha finca custodiada pola asociación Betula
- 18/10/2025: Visita ao Cal, espazo natural.

CONFERENCIAS
- 26/09/2025: “Confi“, o arroaz varado pola incomprensión humana. Dr. Alfredo López (CEMMA)
- 03/10/2025: A custodia do territorio por parte da Asociación Betula. Pedro Cruzado Díaz, Luisa Montero Pazos, Berta Rodríguez Pena e César Martinez (Asoc. Betula).
- 10/10/2025: Restauración e conservación comunitaria: o exemplo de Froxán. Dr. Joám Evans Pim (Ciencias Sociais, Fund. Montescola).
- 14/11/2025: Dez anos de contribucións ao coñecemento da ecoloxía de vertebrados de Galicia. Prof. Dr. Alejandro Martínez Abraín (UDC).
- 21/11/2025: Impacto dos cans sobre as aves acuáticas que fan uso do ecosistema praia. Sabela Barcia Pernas (Bióloga Estudante de Mestrado USC)
- 12/12/2025: Do asfalto á area: a renaturalización da duna de Santa Cristina. Noelia Pereira Álvarez (Doutoranda USC).
- 19/12/2025: A lagoa da Frouxeira, o gran humidal por descubrir, a auga entre dous mundos. Prof. Dr. Rafael Carballeira Coego (Univ. San Pablo-CEU)
