Saída naturalista en Marraxón (Fene)

Organizada pola delegación de Ferrol baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, este sábado 11 de outubro teremos unha saída naturalista para descubrir e coñecer máis a fondo o proxecto de restauración que a asociación Betula está desenvolvendo en Marraxón (Fene).

Nesta xornada realizaremos un paseo guiado pola área de actuación onde nos explicarán como empezou o proxecto de restauración, as especies de árbores e arbustos que están a empregar e os beneficios ecolóxicos desta iniciativa. Participa nesta actividade para ver o fruto dos voluntarios e coñecer un proxecto de restauración.

  • Hora de saída: 10:00 horas
  • Lugar de saída: Fene  
  • Hora de regreso: 13:00 horas aproximadamente.
  • Percorrido: Ruta pola parcela, case chao e ao borde da estrada, terreo irregular recén desbrozado, levar botas de montaña.

Para efectuar a correcta inscrición de cada participante, deberase enviar un correo a ferrol@sghn.org, aportando o nome completo (nome+2 apelidos); DNI (con letra); teléfono de contacto e data de nacemento (esta última é por esixencia do seguro).

IMPORTANTE: Unha vez teñamos a listaxe de inscrición cuberta, enviaremos o punto de encontro aos correos electrónicos facilitados polas persoas inscritas.

  • Divulga ti tamén!