Xornadas naturalistas: O exemplo de Froxán

Joám Evans Pim é doutor en ciencias sociais e comuneiro no monte veciñal en man común de Froxán (Lousame) tamén é director da Fundación Montescola, que impulsa iniciativas de conservación e restauración comunitaria.

A nivel planetario, estímase que 21% das terras están baixo a gobernanza de pobos indíxenas e comunidades locais, incluíndo gran parte das zonas prístinas. Se estes espazos chegaron aos nosos días ben conservados é precisamente polas prácticas de xestión tradicional destes pobos e comunidades.

Na última década, vén gañando forza a noción de dereitos bioculturais, que recoñece a interdependencia entre a diversidade cultural, a diversidade biolóxica e a imposibilidade de protexer os ecosistemas de costas ás comunidades que dependen deles e que os veñen custodiando desde hai séculos mediante o seus coñecementos, prácticas e gobernanza.

O de Froxán (Lousame), é un exemplo ben sucedido de restauración da natureza en espazos profundamente degradados por incendios, sucesións de monocultivos, especies invasoras e outras alteracións antrópicas. Logo dos lumes de 2006 e 2016, a comunidade emprendeu un proceso participativo, aínda en marcha, que abordará esta presentación.

Descubre como Froxán está sendo restaurado e como os dereitos bioculturais son a ferramenta do futuro. Unha historia de resilencia que está acontecendo.

  • Divulga ti tamén!