Saída naturalista a “O Cal”

O próximo sábado 18/10/2025 iremos a visitar o Cal, espazo natural, un espazo natural conservado polo propietario Álvaro Barros que nos contou o ano pasado a historia do espazo e a súa conservación nunha conferencia, titulada  “O Cal, espazo natural. Un proxecto de conservación persoal e totalmente transferible”. Esta visita patrocinada pola Deputación da Coruña a un espazo natural  veremos a recuperación, por parte dun particular, e como a conservación da natureza pode partir dunha persoa.

O Cal é un espazo natural no que Álvaro Barros, o seu propietario, fixou o seu proxecto como biólogo e conservacionista hai case vinte anos, en contraprestación á eucaliptización próxima e á perda de biodiversidade que isto conleva. A súa pretensión é tamén a de loitar contra o abandono dos usos tradicionais do monte.

  • Divulga ti tamén!