Contando Ciencia: O Museo de Historia Natural Ferrol

Este xoves 16 de outubro ás 19:30 horas terá lugar a primeira conferencia do ciclo “Contando Ciencia” do Concello de Fene deste curso 2025-2026 no salón de actos da Casa da Cultura de Fene con entrada de balde.

A conferencia leva por título “O Museo de Historia Natural Ferrol, un museo cidadá” a cargo de Xan Rodríguez Silvar, Delegado da SGHN en Ferrol e directivo do museo.

O Ciclo Contando Ciencia naceu co obxectivo de achegar a ciencia á poboación en xeral e está organizado pola Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene.

  • Divulga ti tamén!