A delegación de As Mariñas da SGHN, en colaboración co concello de Sada, organiza unha charla o vindeiro, venres, 28 de novembro ás 19 horas sobre “Medicina Popular en Galicia: o exemplo da Serra do Caurel (Lugo)”. Será impartida por María Moure no salón de plenos do concello de Sada.
María Moure de Oteyza é farmacéutica, etnobotánica e divulgadora científica. Viviu dous anos na Serra do Caurel (Lugo) entrevistando á poboación acerca do uso tradicional das plantas medicinais no territorio. “María das Herbas e as Herbaxeiras do Caurel” (Teófilo Eds., 2020) é o libro resultante da súa investigación, primeiro tomo dunha triloxía que ten o catálogo de plantas medicinais como fío conductor. A obra tamén recolle nas súas 316 páxinas cancións, adiviñas, historias, ritos ancestrais,… .María leva 11 anos dando a coñecer o seu traballo a través de obradoiros, cursos e conferencias en institucións públicas (USC, UNED, Deputación de Lugo, concellos, etc) e centros privados.

