Operación Beluga

Presentación do libro no Museo de Historia Natural de SGHN

Este vindeiro venres 5 de decembro ás 19:00 horas, no Auditorio do Museo de Historia Natural da SGHN en Ferrol, terá lugar a presentación do libro “Operación Beluga” da autora ferrolá Ángeles Castro, con ilustracións de Zuzanna Celej. Obra de ficción baseada no feito real do apresamento dunha manda de 3000 belugas no Ártico, contará coa presencia da autora, no marco da colección de cetáceos do MHNF. Acto público ata cubrir aforo.

  • Divulga ti tamén!