Temos o gusto de anunciar a derradeira conferencia deste ano A lagoa da Frouxeira, o gran humidal por descubrir, a auga entre dous mundos, que impartirá Rafael Carballeira, doutor en bioloxía pola Universidade da Coruña e actualmente profesor adxunto na Universidad San Pablo CEU.
A evolución histórica da lagoa da Frouxeira pon de manifesto a necesidade de avanzar no coñecemento destes sistemas e de aplicar principios de desenvolvemento sostible e de restauración de ecosistemas tal como recomenda a Unión Europea, garantindo a conservación dos humidais RAMSAR e a resiliencia ambiental fronte aos impactos futuros, pero ao mesmo tempo é un gran recurso para as comunidades locais.
A lagoa da Frouxeira constitúe un humidal costeiro de orixe natural e influencia mariña de grande relevancia ecolóxica e socioeconómica, aínda que escasamente estudado ata a data, debéndose o seu primeiro estudo a Jenaro Dalda (1968). Ao longo do século XX, tanto a lagoa como o seu sistema dunar sufriron transformaciones significativas pola intervención humana, incluíndo alteracións na dinámica de áreas húmidas e modificacions das dunas costeiras.
Nas últimas décadas, a progresiva diminución destas intervencións antrópicas e actuacións de recuperación dunar levadas a cabo pola SGHN favoreceu a recuperación dos procesos naturais, coa reactivación das dinámicas dunares e o maior peche da lagoa, aínda que esta recuperación tamén xerou consecuencias imprevistas na planificación urbanística.
Unha alta diversidade de flora e fauna, incluíndo especies de aves acuáticas, peixes, macrófitas acuáticase vexetación dunar, reflicte a importancia ecolóxica da lagoa e o seu papel como refuxio e área de reprodución para numerosas especies, consolidándose como un enclave de notable valor ambiental, e tamén a nivel educativo.
Este exemplo evidencia como a renaturalización e a recuperación de ecosistemas poden ocorrer de forma espontánea e combinada con acción humanas de restauración de forma asequible, permitindo a restauración ambiental sen custos excesivos e ao mesmo tempo promovendo o valor paisaxístico e ecoturístico dun entorno privilexiado
- TÍTULO: A lagoa da Frouxeira, o gran humidal por descubrir, a auga entre dous mundos
- DATA: venres 19 de decembro
- HORA: 19:30
- LUGAR: Auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol
- ORGANIZA: Delegación de Ferrol da Sociedad Galega de Historia Natural
- PATROCINA: Deputación da Coruñ

