Colonia histórica de cirrios ameazada en Vigo

A colonia de Alfonso-Poboadores

Por terceira vez nos últimos dous anos, SGHN ven de dirixirse ao Concello de Vigo e á Consellería de Medio Ambiente alertando do risco de destrución dunha das derradeiras colonias de nidificación histórica en Vigo do cirrio común (Apus apus).

A colonia, con alomenos 30 parellas reprodutoras, atópase nos ocos do muro de pedra baixo o voadizo do paseo de Alfonso sobre a rúa Poboadores, voadizo que se está a demoler para a construción do túnel de Elduayen-Barrio do Cura.

Unha especie protexida

O cirrio é unha especie protexida segundo o LESRPE, o Catálogo Español de Especies Ameazadas e a Directiva Aves. Por iso, SGHN ven de solicitar ao Concello e á Consellería que se adopten medidas compensatorias para evitar a desaparición da colonia. Afortunadamente, existen solucións técnicas sinxelas e asequibles para compensar a perda de niños de cirrio que se empregan cando non hai alternativas á destrucción dos niños.

Existen manuais técnicos e proxectos realizados noutras cidades baseadas na construcción e adaptación de caixas-niño artificiais con materiais resistentes de longa duración (ladrillo, barro, cemento) coma orificios de ventilación con cavidades, ladrillos-niño e torres de nidificación de cirrios, coas características axeitadas en canto a dimensións das oquedades de cría e os tamaños de orificios de entrada.

Exemplos de caixas-niño para cirrios

  • Divulga ti tamén!