Visitas guiadas
O Museo de Historia Natural de Ferrol, con motivo da Semana Santa 2026, organiza visitas guiadas para o público o martes 31 de marzo e o mércores 1 de abril en dúas quendas diarias:
- Quenda de mañá: de 11:30 a 12:30 horas.
- Quenda de tarde: de 17:30 a 18:30 horas.
- Límite máximo de 20 persoas por grupo.
- Non se precisa inscrición previa, só presentarse no museo uns minutos antes do comezo da quenda.
- Máis información no correo museo@sghn.org e os teléfonos 698 141 384 e 881 93 13 15.
- Estas visitas guiadas son gratuítas, ao estar patrocinadas pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol.
Horario de apertura do Museo
- Sábado 28 de marzo: 10:00 a 13:30 e 17:00 a 20:30 horas.
- Domingo 29 de marzo: 10:30 a 14:00 horas.
- Luns 30 de marzo: pechado.
- Martes 31 de marzo: 10:00 a 13:30 e 17:00 a 20:30 horas.
- Mércores 1 de abril: 10:00 a 13:30 e 17:00 a 20:30 horas.
- Xoves 2 de abril: 10:30 a 14:00 horas.
- Venres 3 de abril: 10:30 a 14:00 horas.
- Sábado 4 de abril: 10:00 a 13:30 e 17:00 a 20:30 horas.
- Domingo 5 de abril: 10:30 a 14:00 horas.
- Luns 6 de abril: pechado.

