Estrea do documental de SGHN “Sal e Barro”

O venres 11 de setembro levamos a cabo a presentación do Documental SAL E BARRO, producido pola SGHN das Mariñas, e realizado por Ramiro J Freire (El Bosque del Lobo), no salón de actos do GALP Golfo Ártabro Sur, cun éxito de asistencia que sobardou as nosas expectativas.

O Documental está subvencionado polo GALP – Consellería do Mar, e agardamos podelo subir proximamente á canle de YOUTUBE da SGHN, así como ás redes sociais, unha vez adaptado a tal fin.

No Documental tratamos da importancia de preservar un ambiente natural san, para poder manter a actividade económica, como a pesqueirta ou a turtística, e aproveitar os servizos ecosistémicos que fornece, así como millorar a calidade de vida da povoación.

Conservar o patrimonio, natural e cultural, enriquece á sociedade no seu conxunto e abre as perspectivas de futuro.

Se tendes interese en proxectar o documental, podedes solicitalo á delegación das Mariñas en asmarinhas@sghn.org e facilitarémolo en canto o teñamos dispoñible.

  • Divulga ti tamén!