Unha vez rematado o prazo para a recepción de fotos, conforme ás bases da convocatoria todas as fotos aceptadas publícanse nesta web para coñecemento xeral (numeradas do 11 ao 84) e inicio da votación polos socios/as de SGHN coas seguintes normas:
- Método: por correo electrónico á dirección: ourense@sghn.org.
- Prazo para a emisión dos votos: ata as 00:00 horas do día 18/10/2026.
- Puntuacións: outorgaranse 13 puntos á que cada quen considere a mellor, 12 puntos a segunda, 11 a terceira e así ata a decimo terceira que recibirá 1 punto. Só se admitirán votacións completas desde os 13 puntos ata 1 punto.Non se admitirán votos dun autor/a para as súas propias fotografías, nin votacións parciais que non inclúan as trece elixidas por orde de puntuación.
- Unha vez feito o reconto polos responsables da xestión do concurso, comunicaranse as 13 fotos gañadoras por correo a todos os socios para que sexa público o seu resultado e visualización.
- Publicaranse no calendario as 13 que máis puntuación acaden, sendo a portada a gañadora absoluta.










































































