
A presentación do documental “Sal e Barro. Memoria e Vida nas Mariñas” enmarcase dentro das actividades divulgativas da SGHN, nesta ocasión có achegamento ás Terras das Mariñas.
O documental producido pola SGHN das Mariñas, e realizado por Ramiro J Freire está subvencionado polo GALP – Consellería do Mar (GALP Golfo Ártabro Sur) e amosa a importancia de preservar un ambiente natural san para poder manter as actividades económicas aproveitando os servizos ecosistémicos que fornece ao tempo que mellora a calidade de vida da poboación.
Aínda que a temática pode semellar distante do interese da xente do interior como neste caso de Ourense a acollida foi boa e encheuse a sala coa participación dunhas 40 persoas que disfrutaron do documental e puideron comprobar como a problemática ambiental constitúe o marco da nosa vida cotiá e como en moi poucos anos estamos asistindo a grandes cambios no noso entorno. Como quedou patente, o reto é chegar a esa grande parte da poboación que é allea á problemática ambiental, a que pouco lle interesa a conservación e que non é consciente de como os procesos naturais afectan as nosas vidas.
En fin, unha boa ocasión para compartir un rato cós compañeiros das Mariñas e afondar no coñecemento das realidades dos nosos espazos naturais. Moitas grazas a Carlos e Ramiro pola súa presenza, grazas tamén a todos os que fixeron posible este documental e a súa proxección e aos asistentes a este acto de presentación.





