
Neste artigo podes coñecer as tendencias poboacionais ao longo dos últimos 40 anos das aves acuáticas invernantes nas localidades da Cunca do Limia (chaira de A Limia, encoros das Conchas e de Salas) en base aos resultados dos censos realizados no mes de xaneiro pola Sociedade Galega de Historia Natural, tanto os inéditos do período 1986-1995 como os previamente publicados nesta revista do período 1996-2025. O encoro das Conchas colapsou como zona de invernada de aves acuáticas a partires do cambio de século, en parte pola importancia recuperada da chaira da Limia e en parte, probablemente, pola acelerada eutrofización con proliferacións masivas de cianobacterias tóxicas.
