Camisetas de SGHN

Os compañeiros da Delegación de Pontevedra fixeron unhas moi bonitas camisetas co logo da SGHN no anverso e cun debuxo dun mazarico real no reverso que podes adquirir enviando unha mensaxe ao seguinte correo electrónico: herpetoloxia@sghn.org ou chamando ao 636427769.

Hai de todalas tallas: S. M. L, XL e 2XL e o prezo é de 8 € para socios e 15 € para non socios. Se non sodes socios pero tiñades interés en facervos, iste é o momento, xa que volas deixaríamos a precio de socio. Ademáis lembrade que, como a SGHN está declarada entidade de interés público, unha parte importante da cota de socio (e calquera outra aportación) terá unha deducción fiscal na declaración do IRPF.

  • Divulga ti tamén!