Interésaste pola conservación da natureza?
Nesta sesión imos presentar ABIES (Asociación Española de Biodiversidade e Investigación), unha organización sen ánimo de lucro dedicada ao estudo, promoción e conservación da biodiversidade e das áreas naturais. ABIES fundouna en 2024 un grupo de profesionais e estudantes de bioloxía e ciencias ambientais.
Desenvolve proxectos, iniciativas de formación e divulgación, e fomenta a colaboración entre profesionais, estudantes, organizacións e a comunidade en xeral. Un proxecto deseñado como un foro aberto para aprender, compartir e colaborar cara a un obxectivo común.
- Título: Da preocupación á acción: a creación de ABIES para a conservación da biodiversidade
- Poñentes: Alatz Porrua Fernández, Álvaro Escolar Ruiz e María Díaz Calvo.
- Día: Venres 27 de novembro
- Hora: 19:30
- Lugar: Auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol
- Organiza: Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural
- Patrocina: Deputación da Coruña

- Alatz Porrua Fernández. Grao en Bioloxía na Universidade Rey Juan Carlos (Madrid). Máster en Biodiversidade de áreas Tropicais e a súa Conservación. Universidade Internacional Menéndez Pelayo (Madrid)
- Álvaro Escolar Ruiz. Grao en Bioloxía na Universidade Rey Juan Carlos (Madrid). Máster en Conservación na Universidade Complutense (Madrid).
- María Díaz Calvo. Grao en Bioloxía na Universidade de A Coruña. Máster en Biodiversidade de áreas Tropicais e a súa Conservación. Universidade Internacional Menéndez Pelayo (Madrid)
