A razón triunfa en Sada

“Estudando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego”, ise é o lema e razón de ser de SGHN dende hai case 45 anos. O traballo é calquera cousa menos doado, pero as veces a razón consegue abrirse camiño e prevalecer, animando a persevar. Hoxe podémonos felicitar dun gran éxito: o Ministerio de Medio Ambiente e a Demarcación de Costas do Estado en Galicia desisten de levar adiante o proxecto de “rexeneración” da praia de Sada que suporía destrución dunha importante pradería de Zostera nolti e Zostera marina. Houbo que insistir con tenacidade e os máis sólidos argumentos científicos e evidencias diante do Ministerio de Medio Ambiente, a OSPAR Commission o Comité Español da UICN e a DX de Patrimonio Natural. Un traballo xeralmente gris, laborioso e moi ingrato, pero imprescindible como os feitos agoran demostran. Sen dúbida, hoxe é un gran día.

La destrucción de praderas marinas alimenta el cambio climático

Pradería de Zostera da praia de Sada en marea baixa (imaxe da esquerda) e distribución aproximada na praia de Sada e Gandarío das praderías de Zostera nolti (verde) e Z. marina (azul), segundo prospeccións da Delegación de As Mariñas da SGHN e informacións de Verónica García-Redondo, sobre unha fotografía do SIGPAC (Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, imaxe da dereita).

  • Divulga ti tamén!