Excelente xornada o pasado sábado 11/05/2019 na que xiramos visita pola zona do Deza-Tabeirós guiados polo noso consocio Víctor Perez (preme aquí para descargar a reseña ampliada). Comezamos a primeira hora da mañá na Fraga de Catasós, estaba preciosa e con algo de humidade comezando a entrar o sol por entre as polas das árbores.
Seguimos ata Lalín ao Museo Ramón María Aller, unha sorpresa magnífica e unhas explicacións de alto nivel por Dª Cecilia Doporto, a poucos metros paramos un intre na estatua ao aviador lalinense Joaquín Loriga.
De ahí cara á localidade de Ventosa. Tras recoller as chaves no bar O Manco, achegámonos á Igresa da Ventosa que por fóra non di moito máis é unha explosión de arte e cultura no interior, para non a perder e volver con calma a visitala.

Preto da Ventosa paramos nos Pendellos de Agolada, outras sorprendentes construcións para moitos de nós. Feitos en pedra do país, neles celebrouse durante anos a feira, que databa do medievo. A concelleira Inma Galego explicounos o devir dos pendellos e a utilización actual, nun deles fixemos o xantar comunitario.
Pola tarde, e despois do café de sobremesa en Agolada, estivemos no museo da minería de Fontao, mina de wolframio que no seu tempo chegou a ter ata 6000 persoas traballando (máis que o censo actual de todo o Concello de Vila de Cruces).
E como remate o Pazo de Liñares en Lalín, exemplo de boa restauración e mellor utilización dos espazos públicos.
Con qué ganas quedamos todos de repetir … e maior información da xornada, fotos incluídas, neste PDF para non esquecer os bós momentos.
ATA A PRÓXIMA … QUE NON TARDARÁ.