Actividades 2014-16 de SGHN na ZEC “Gándaras de Budiño”

A SGHN ven coordinando dende xa tres anos un programa de actividades para a recuperación e posta en valor da biodiversidade e ecosistemas do espazo natural ZEC Gándaras de Budiño. Neste periodo participaron un número cada vez maior de persoas e diferentes colectivos locales:

  • 2014: 7 actividades, 97 participantes.
  • 2015: 12 actividades, 174 participantes
  • 2016: 21 actividades, 363 participantes
  • Total: 40 actividades convocadas con éxito, a maioría de participación pública e gratuíta.

Actualmente, un grupo estable de voluntarios participan nos traballos medioambientais e as actividades mensuais teñen cada vez máis resposta participativa, con colectivos e persoas locais que valoran o espazo natural. A participación está aberta a tódolos interesados de calquera idade.
Hai que agradecer o apoio do Concello do Porriño, a Comunidade de Montes de San Salvador de Budiño e o Servizo de Conservación da Natureza, que participan nas actividades ambientais e especialmente no Proxecto de Restauración da parcela onde se ubicaba o malogrado “Centro de interpretación da Natureza de As Gándaras de Budiño”.
Actualmente, o grupo de voluntarios desenvolve un proxecto dentro do Programa Voz Natura, adicado á restauración e posta en valor dos valores naturais do espazo natural.
No 2017 a intención é continuar co plan de traballo actual, de poñer en valor o espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro a través da participación en actividades de coñecemento do medio e de restauración ecolóxica da parcela na que temos acordo co Concello, con xornadas de voluntariado no terreo, reforestacións e adecuación de hábitats para fauna.
Máis información para participar: na web, facebook e gandaras@sghn.org