Actividades de interpretación do medio: “Outono Naturalista 2023”

Xa temos aquí o calendario de saídas ao medio previstas para este outono, que virán organizadas pola delegación de Ferrol da SGHN ao abeiro do patrocinio da Deputación da Coruña no seu programa DP0031/2023 de “axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do Medio Ambiente durante o 2023“.

Cómpre lembrar que cada unha das actividades terá o seu respectivo prazo de inscrición. Este será anunciado no seu debido tempo, así que atención ás redes e á difusión dende a SGHN! Prestade atención tamén, pois en breve anunciaremos a axenda de charlas e conferencias no salón de actos!

Todas estas actividades organizadas pola delegación de Ferrol da SGHN, están patrocinadas pola Deputación da Coruña.