Aínda que a palabra agave significa nobre ou admirable, esta planta de orixe mexicana citada por vez primeira en Galicia por Planellas no ano 1852 é coñecida popularmente como piteira. É orixinaria de México e foi introducida no século XVI en Europa como especie ornamental nun primeiro momento. Anos máis tarde introduciuse como materia prima na industria textil para a producción de fibras nos aparellos de carga para as bestas. Reprodúcese maioritariamente de xeito vexetativo polos rizomas, producindo novas plantas que invaden principalmente os solos ben drenados e solleiros das zonas costeiras onde diminúe a biodiversidade. Compite coa vexetación dunar desprazándoa e modificando o medio. Podémola atopar tamén en cunetas e taludes.

PDF