
A coñecida como uña de gato ou herba coitelo, é unha planta suculenta de orixe sudafricana que foi citada por vez primeira en Galicia, no Grove, no 1900. Foi introducida con fins ornamentais e pola capacidade de fixación de taludes e dunas. É moi invasiva nos cantís mariños, areais e dunas, provocando graves impactos sobre a vexetación, os solos e a fauna. Forma tapices monoespecíficos que alteran as condicións de insolación e o ciclo de nutrientes. Ten efectos fitotóxicos e compite polos recursos coas especies autóctonas diminuíndo a biodiversidade. Presenta pétalos rosados ou amarelos e os filamentos dos estames sempre amarelos, a diferenza de Carpobrotus acinaciformes (ainda non citada en Galicia) que ten os filamentos rosados.
Pittosporum tobira (Thunb.) W.T. Aiton
Oenothera rosea L’Hér. ex Aiton
Cuscuta campestris Yunck
Bidens frondosa L.
Liques de Galicia