Eichhornia crassipes (Mart.) Solms

Planta acuática rizomatosa de orixe amazónica que pertence á familia Pontederiaceae. Introducida en Europa como especie ornamental pola beleza das súas flores, foi atopada en Galicia por vez primeira no ano 2000. Provoca graves impactos sobre o hábitat debido ao seu crecemento desmesurado en pouco tempo, podendo chegar a duplicar a súa poboación en poucos días cubrindo completamente a lamina de auga. Impacta en gran medida coa flora e fauna autóctona ao reducir o espazo e a calidade do medio, a luz e o osíxeno da auga, e ao aumentar a eutrofización. A nivel socioeconómico coloniza canais e regos impedindo a navegación e outras actividades recreativas como a pesca. Figura na lista das 100 especies alóctonas máis invasoras do mundo segundo a UICN. Colabora no Atlas escribindo a botanica@sghn.org Preme aquí para acceder ao listado completo de fichas de especies de flora exótica invasora publicadas.
Eichhornia crassipes
  • Divulga ti tamén!

    RSS
    Facebook
    Facebook
    Twitter
    Instagram