Fallopia japonica (Houtt).

O bambú xaponés é orixinario do sudeste asiático. Foi introducido en Europa como especie ornamental, como melífera e para cultivo forraxeiro, sendo citado en Galicia por vez primeira no ano 1990. Atópase sobre todo en ribeiras fluviais, bordos de estradas e zonas degradadas. Provoca necrosis sobre as raíces da flora adxacente a través das sustancias alelopáticas que emite, diminúe a biodiversidade, e despraza ás especies autóctonas pola súa alta capacidade de multiplicación vexetativa, gran capacidade de crecemento, rexeneración e expansión. Desestabiliza os cauces fluviais e provoca danos nas construccións, vías férreas e obras públicas. A UICN considéraa como unha das cen especies invasoras máis perigosas. Colabora no Atlas escribindo a botanica@sghn.org
  • Divulga ti tamén!

    RSS
    Facebook
    Facebook
    Twitter
    Instagram