Cadro resumo dos distintos tipos de cartas e escritos presentados en 2013.
Resume correspondencia | ||||||
Correspondencia ordinaria |
Escritos Admón. |
Denuncias |
Notas de Prensa |
Outros |
Correos electrónicos |
Total |
1 | 10 | 0 | 0 | 0 | 287 | 299 |
Resumo de actividades 2013
Xeiras naturalistas
Comunicouse vía e-mail a realización de tres xeiras aínda que se fixeron máis que se informaron directamente ós socios que habitualmente acuden a elas.
Actividades con persoas:
Censos de Aves invernantes na Provincia de Pontevedra (con apoio de Xeral e SGHN-Ourense) realizados con 18 censadores.
Actividades e escritos por temática
Espacios Naturais
Proxecto e realización dunha senda fluvial no río Tea, ocupando parte do LIC ES1140006 (Río Tea). Continuación de escritos anteriores por construír novos tramos destruíndo vexetación ripícola. Sen contestación por parte Consellería Infraestruturas. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil autorizou ó concello a facer obras pero non aportou financiación. Parte das obras foron arrastradas este inverno se saber aínda o seu custe.
Ordenación do territorio
Alegacións prolongación A-57 tramo Pilarteiros-Barro e conexión AP-9 Curro
Varios
Escrito denunciando retirada de terras con maquinaria pesada en zona de protección do Castro A Croa de Ribadetea, presuntamente relacionadas coas obras no LIC Río Tea, aínda que hai novas evidencias que foi a Xunta de Montes local (20/03/14).