Tritonia x crocosmiiflora (Lemoine) N.E.Br..

Esta rechamante iridácea conseguida en Francia en 1880 procede da hibridación de dúas especies sudafricanas, Tritonia aurea Pappe e Tritonia pottsii (Baker) Baker. Foi citada por primeira vez para Galicia en 1986. Escapada de xardíns, invade ambientes riparios, herbazais húmidos, etc., en especial de maneira vexetativa, aínda que tamén produce sementes. Ainda que non soporta ben as xeadas, pódese rexenerar perfectamente na primavera seguinte grazas aos seus tuberobulbos e rizomas. En Galicia é especialmente problemática ao colonizar salgueirais e ameneirais.

PDF

  • Divulga ti tamén!

    RSS
    Facebook
    Facebook
    Twitter
    Instagram