Arrodeemos a Xunta ao berro de Altri non

A SGHN únese á convocatoria da Plataforma Ulloa Viva e Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa para xuntarémonos nunha nova marea humana ao redor dos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, para expresar o noso rexeitamento á implantación dunha macrocelulosa na Ulloa.

  • Data: 30 de xuño.
  • Lugar: Compostela
  • Quedada: ás 12:00 horas xunto á capela de San Caetano.