Charla “AVES, Wild Bird Photofraphy” e Asemblea SGHN-Ourense

Como ven sendo costume, o último venres do mes de febreiro celebramos a Asemblea Xeral Ordinaria da Delegación de SGHN en Ourense, unha ocasión tanto para dar cumprimento aos estatutos como para compartir entre os socios momentos do ano anterior e programar as novas actividades e proxectos.

Tamén, como xa é tradicional, para escoitar a algún compañeiro que nos fale das súas experiencias ou do seu traballo. Nesta ocasión tivemos o pracer de contar con Esteban Solleiro, autor do libro “Aves na Limia” e coautor, xunto a Fernando Pereiras, de “AVES, Wild Bird Photofraphy” que ven de publicarse recentemente.

Esteban, acompañado por Serafín no aspecto ornitolóxico, expuso diversos matices do seu traballo para recoller eses momentos que máis lle gustan “as aves en movemento” ou, como ben di, eses “momentos especiais” da vida cotiá das aves. Máis de un quedamos abraidaos pola “sinxeleza” da súa técnica e, sobre todo, polo resultado. Tanto foi, que case quedamos emprazados para facer outra actividade específica mesmo no campo para aprender algo máis.

Como sempre unha marabilla contar con todos os socios da Delegación, cun agradecemento especial para aqueles que pudieron estar este día con nós, e un algo máis a Esteban por compartir os seus coñecementos. Repetiremos.

  • Divulga ti tamén!