Concurso fotográfico para o Calendario de SGHN 2026

Convócase un Concurso de fotografía para a elaboración dun calendario da Sociedade Galega de
Historia Natural para o 2026. Trátase de elixir as 13 mellores fotos feitas por socios (que adornarán os 12 meses de 2026 e o mes de xaneiro de 2027), para a realización dun calendario de boa calidade e que poida venderse entre os socios.

As fotos, deben realizarse obrigatoriamente en Galicia e durante o ano 2025, pois a idea é fomentar a participación en anos vindeiros para a realización doutros calendarios, así como para mostrar a biodiversidade actual e paisaxes de Galicia. A temática, será libre. Sexan aves, mamíferos, insectos, plantas, paisaxes ou calquera manifestación da natureza en estado salvaxe (importante isto último), todas esas fotos serán aceptadas.

  • Temática: flora e fauna silvestre e paisaxes naturais de Galicia.
  • Fotos: formato PNG ou TIFF. Máximo de 3 fotos por participante.
  • Prazo de envío: 00:00 horas do 17 de novembro (noite do domingo).
  • Enderezo de envío: exclusivamente ao correo electrónico ourense@sghn.org
  • Votación entre os socios: do 17 de novembro ata as 00:00 horas do 24 de novembro (noite do domingo)

Preme aquí para acceder ás bases conpletas do concurso.

  • Divulga ti tamén!