Día Internacional dos Humidais nas Ribeiras do Louro

http://www.worldwetlandsday.org/es , SGHN www.sghn.org e a Asociación Trezecatorze www.facebook.com/asociacion.trezecatorce coa colaboración do Programa Voznatura www.voznatura.com organizan un roteiro interpretativo pola Ruta dos Humidais en Salceda. A actividade consiste nunha saída guiada adicada ó coñecemento dos humedais das Ribeiras do Louro e ós servicios ecosístemicos deste tipo de áreas naturais. Esta data pretende crear conciencia sobre a importancia dos humidais para a vida, destacar as oportunidades e limitacións no desenvolvemento e uso dos humidais e crear alianzas que xeneren cambios positivos nestes hábitats. O percorrido ten 8 km e discurrirá diversos hábitats nas ribeiras do Louro, sendo de dificuldade baixa e axeitado para tódalas idades.
Entre os valores naturais que alberga esta zona pegada a Zona de Especial Conservación “ZEC Gándaras de Budiño”, destacan os hábitats como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas, que albergan unha grande biodiversidade. Destacan a flora adaptada a estes hábitats, as poboacións de aves acuáticas e aves de bosque autóctono, anfibios, reptis, mamíferos e invertebrados.
O obxetivo desta actividade é a divulgación dos valores naturais e etnográficos deste espazo natural e aportar datos para o coñecemento da biodiversidade e o estado ambiental.
Prazas limitadas. Inscrición gratuíta obrigatoria no correo electrónico: gandaras@sghn.org

Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a tódalas persoas interesadas. Cada participante é responsable único das súas accións e accidentes que puideran producirse. Os convocantes da actividade non se responsabilizan a nivel persoal nin colectivo dos accidentes que poidan ocorrer.