Día Internacional dos Museos: actividade no Museo de Historia Natural

Con motivo deste día 18 de maio, o Museo de Historia Natural organiza para a tarde do vindeiro venres 20 unha xornada de portas abertas na que ofreceremos visitas guiadas tanto polos almacéns e salas de preparación, como no xardín do museo.

A actividade consistirá en dúas quendas de visitas (ás 17:00 e ás 19:00 horas) e estarán contempladas para cada unha delas un máximo de 10 participantes.

A inscrición á visita é gratuíta grazas ao patrocinio da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, e a maneira de inscribirse será a través dun cuestionario Google na hora elixida polas persoas interesadas.

Prégase compromiso e seriedade na asistencia á actividade. Só se permitirá a inscrición a través do cuestionario e se creará unha listaxe de reserva unha vez cuberto o tope das 10 persoas de cada unha das quendas. Por este motivo, se unha persoa resultase inscrita pero finalmente non puidera acudir, prégase o comunique á maior brevidade posible para poder avisar ás persoas na listaxe de reserva.

No caso dos grupos familiares ou de amizades, só se contabilizarán como “persoas realmente inscritas” aquelas que aínda sendo maiores ou menores de idade, estean rexistradas no cuestionario.

ATENCIÓN: O feito de cubrir o cuestionario non garante a inscrición á actividade. Para que esta sexa efectiva, será confirmada por correo electrónico ou teléfono aos participantes. Se non recibe ningunha confirmación no prazo de 24 horas, é sinal de que a súa solicitude polo momento non foi aceptada.

Para calquera aclaración, contactade co Museo de Historia Natural no teléfono 698.141.384 ou no correo museo@sghn.org
INSCRICIÓNS:

Anímate a participar!