Día Mundial do Cirrio

O pasado venres, 7 de xuño, celebrouse a primeira edición do “Día Mundial do Cirrio” (World Swift Day). Esta iniciativa xurdiu dende a asociación “Swifts Without Frontiers” e extendeuse por decenas de cidades ó redor do mundo. O seu obxectivo é concienciar á cidadanía da importancia destas singulares aves migratorias e da necesidade da súa conservación.

SGHN uniuse áa celebración cun acto a carón da Ponte Romana: unha charla da man de Laura Iglesias e Bárbara Rodríguez, que compartiron cós asistentes información moi interesante sobre o comportamento e hábitos dos cirrios. Os asistentes recibiron un resumo do contido da charla nun folleto que se pode descargar premendo nesta ligazón. Ó remate das explicacións houbo tempo para plantexar preguntas e comentar anécdotas e vivencias relacionadas con estas fascinantes aves.

Os que tamén disfrutaron desta xornada foron os rapaces, os cales puideron colorear imaxes de cirrios e xogar cos monicreques feitos para ocasión.