Día Mundial dos Humidais 2025

Protexer os humidais para noso futuro común

Para a Sección Antela o día das zonas húmidas é moito máis que unha data marcada no calendario na que destacar o importante papel das zonas húmidas en multitude de procesos naturais e os beneficios ecosistémicos que nos aportan. Para nós, esa data é moito máis precisamente porque festexamos o noso aniversario, nada menos que o 14º neste ano 2025 , ahí é nada …

Xornada de SEO/BirdLife na Casa da Lagoa (Sandiás)

A celebración comezou o sábado 01/02/2025 coa participación na xornada organizada por SEO/BirdLife en Sandiás para falar dos “Humedales olvidados”; nas distintas intervencións repasarónse temas de trascendencia:

  • Lembrouse a promesa do Ministerio de Medio Ambiente de recuperar as tres grandes lagoas ibéricas desecadas na segunda metade do século XX: A Nava, A Janda e Antela,
  • deuse repaso ao estado de deterioro xeral das zonas húmidas,
  • describiuse o desecamento do complexo húmido Limia-Antela,
  • analizouse o estado dalgunhas especies de aves antes e despois da desecación,
  • plantexouse un posible plan de recuperación parcial da lagoa, e
  • desglosouse o traballo e resultados dos proxectos desenvolvidos pola SGHN dende a súa creación demostrando que “outra Limia é posible”.
@

Celebrando o aniversario

Non obstante, o plato forte da fin de semana foi o domingo 02/02/2025, o propio día dos humidais, xa rodeados de socios e amigos para valorar as accións e os resultados dalgúns proxectos ao tempo que se coñece algo máis sobre o territorio da Limia e as súas peculiaridades. Como corresponde coa celebración, a choiva acompañounos durante a mañá mentres se visitaron o “Humidal Antonio Villarino”, os “Meandros do Faramontaos” e a presa de Gudín ou mellor dito, o río Faramontaos no lugar onde se atopaba a presa de Gudín que está a ser demolida mentres o río xa corre libremente cara a chaira limiá, eso si, despois de gastar (ou máis ven desperdiciar) uns 3.000.000 euros entre a súa construcción, e o seu desmantelamento.

Humidal Antonio Villarino

Nos meandros do Faramontaos

Demolición do encoro de Gudín…
…abastecía a Xinzo; estragouno a contaminación
De camiño, visita á eirexa de Novás

A partir de mediodía escampou e despois do xantar visitamos as obras que se están a levar a cabo na Veiga de Gomareite. Rematada xa a primeira fase queda finalizar o promontorio de observación e agardar que, agora que hai auga grazas as borrascas de fin de xaneiro, cheguen as aves.

A Veiga de Gomareite, un anaco de Antela…

… recuperado pola Sección Antela de SGHN!!!

“Plan Estratégico de Humedales a 2030”

Escoitadas as intervencións do sábado e visto o que se viu o domingo queda ben patente que os proxectos da SGHN van en sintonía có “Plan Estratégico de Humedales a 2030” onde se le:

“Este nuevo Plan Estratégico tiene por propósito general evitar, detener y revertir la pérdida y degradación de humedales en España, contribuyendo a garantizar el mantenimiento de los hábitats y especies que sustentan y de su capacidad para proveer servicios ecosistémicos esenciales, impulsar su recuperación y conseguir su puesta en valor y el reconocimiento de los múltiples beneficios que nos prestan.”

Agardamos que este tipo de xuntanzas e actividades contribúan a impulsar ás administracións á consecución dos seus obxectivos e compromisos máis alá dos papeis contando con todos os sectores implicados. Moitas grazas a todos os que fixeron posible esta fin de semana tan completa e interesante.

  • Divulga ti tamén!