Ficha de identificación de Lantana camara L.

Este arbusto americano (as veces lianoide) pertence á familia das verbenáceas e coñécese popularmente como “bandeira española”. Foi citada en Galicia por vez primeira no ano 1988 para Pontevedra. Introducida para uso ornamental, cando escapa dos cultivos ten un comportamento invasor, sobre todo en zonas de clima cálido. Posúe efectos alelopáticos sobre o medio natural e está incluída na lista da UICN das 100 especies alóctonas invasoras máis perigosas do mundo polos seus impactos sobre pastos, cultivos e bosques. Emprégase habitualmente nos xardíns das cidades, invadindo en Galicia polo de agora zonas ruderais e periurbanas. É altamente tóxica, e provoca intoxicacións ao gando, cabalos e ovellas. Tamén téñense producido accidentes mortais en nenos pola inxestión dos seus froitos.

Premendo na imaxe da dereite pódese descargar a ficha de identificación en PDF.
Colabora no Atlas escribindo a botanica@sghn.org