III xornada de traballo para a protección do nenúfar con Gemosclera

Avaliando a poboación de nenúfar amarelo na Limia

Dando continuidade á colaboración con Gemosclera e coa información previa disponible, a segunda xornada de traballo deste ano, que celebramos o 06/07/2024, ten como obxectivo afondar no coñecemento das poboacións de Nenúfar marelo (Nuphar lutea) presentes na Limia. Compre indicar que, si ben a presenza desta especie na Limia é coñecida por parte do equipo de traballo alomenos dende hai 35 anos, as citas publicadas son escasas e mesmo na Flora Ibérica non se reflicte a súa presenza en Galicia sendo a cita máis cercana a de Santa Marta de Tera en Zamora de ahí o interese en afondar no coñecemento desta especie.

Así nesta ocasión abordouse a segunda fase de localización e xeoreferenciación das masas de nenúfar amarelo na zona “a priori” máis axeitada onde se coñecía a súa presencia puntual nun tramo duns 7 km do río Limia. Tendo en conta o estado da vexetación, tanto no cauce como nas beiras, o equipo de traballo dividiuse en dous grupos de xeito que, cada un deles, se desprazase a pé por cadansúa marxe do río.

Así, ao longo da mañá e primeiras horas da tarde, puideron localizarse 8 “golpes” de nenúfar marelo con dimensións e estado ben diferente o que supón 5 máis dos localizados na primeira prospección de 2023. En calquera caso é evidente que as masas máis vigorosas están en zonas abertas con escaseza de vexetación arbórea, que hai masas pequenas das que será preciso avaliar evolución ao descoñecer si son masas novas ou masas en regresión e que a conservación dalgunhas está comprometida tanto pola cobertura arbórea como polo desenvolvemento doutras especies acuáticas especialmente espadanas e carrizos.

Revisando os plantóns de nenúfar branco

Xa pola tarde revisouse o estado dos plantóns de Nymphaea alba instalados nesta primavera e máis valorouse a idoneidade dos dous sistemas de plantación empregados nas Pozas das Conícoras e dos Arieiros.

Na Poza das Conícoras o único nenúfar instalado dispón dun bó número de follas e floreceu presentando un aspecto moito mellor do esperado a pesar de estar exposto ao vento e as correntes de auga da charca. Mentres na poza dos arieiros a situación é bastante diferente; hay constancia documentada da aparición de follas en todos os exemplares plantados pero a data da actividade só se localizaron 5 propágulos dos 8 plantados e éstes con poucas follas. Ao atopar follas soltas flotantes comprobouse que están comidas e cortadas con sinais evidentes da acción dos carangrexos americanos o que non é moi bo sinal pois neste estado inicial as plantas son moi delicadas e redúcese a probabilidade de arraigo o que supón un hándicap para a implantación e desenvolvemento dos nenúfares neste lugar.

Para dar por rematada a xornada só quedaba disfrutar das poboacións do nenúfar branco na canle de Antela, poboacións que están en regresión e nas que hay unha certa mortandade como se apreciou no traballo desenvolvido esta primavera.  Os que xa coñecían estas poblacións levaron un chasco cando se achegaron á canle pois en lugar de atopar unha masa vigorosa de follas apreciouse que a densidade delas era moi baixa, que había follas soltas e que tamén estaban moi danadas. A pouco que se fixa un, queda patente a presencia de varias duciasas de carangrexos americanos que se afanan en alimentarse de follas, flores e froitos … cun resultado que presaxia malos tempos para os nenúfares na Limia. Neste punto lembra o noso amigo Dani que, de seguir con este ritmo, pouco tempo lle queda a esta poboación que probablemente desaparecerá igual que se perderon outras poboación como a de Lugo, a de Otero de Bodas en Zamora ou a de Cantalejo en Segovia.

Á vista de todo elo só queda analizar, estudar, elaborar propostas e seguir traballando pola conservación desta especie, mellor aínda das dúas especies de nenúfar que aínda perviven na Limia.

Como sempre, moitas grazas a todos os participantes polo esforzó realizado, e a Gemosclera que nos acompañou de novo nesta expedición. Seguiremos …