Nova conferencia do ciclo de Xuntanzas Naturalistas organizada pola Delegación de Ferrol da SGHN co patrocinio da Deputación da Coruña.
O uso conxunto da etoloxía e a fisioloxía da conservación é esencial para unha xestión eficiente de espazos protexidos. Ao correlacionar comportamentos e respostas endocrinas, pódese avaliar cómo as alteraciones ambientais afectan ás poboacións silvestres. Estas técnicas non invasivas facilitan a detección temperá de alteracións poblacionais, permitindo a toma de medidas preventivas para salvagardar a integridade de todo o ecosistema.
A etoloxía é unha disciplina científica que estuda o comportamento animal, tanto innato como aprendido, nos medios naturais ou de interacción. Busca comprender as causas, evolución e valor adaptativo das condutas. A fisioloxía da conservación é una disciplina científica que aplica coñecementos sobre as variacións hormonais (hormonas de estrés, reprodutoras, por exemplo) para entender como os organismos responden a impactos ambientais ou ao cambio global, facilitando así a toma de decisións baseada en evidencias para protexer especies e os seus hábitats.

Ana Piñeiro Moyá é doutora pola Universidade Autónoma de Madrid, pero estudou na Universidade de Santiago de Compostela e fixo no Parque Natural Montes do Invernadeiro o traballo de campo da súa tes titulada “Eco-etología y respuestas de estrés fisiológico en el gato montés (Felis silvestris): implicaciones para su conservación” e os proxectos nos que participou por toda España foron no estudio de comportamento de mamíferos mediante métodos non invasivos. Despois migrou a Chile e traballou alí 9 anos encargándose da Área de Benestar animal dunha Facultade de veterinaria. Hai uns anos voltou para retomar as súas investigacións na nosa terra.
- Título: Indicadores eto-fisiolóxicos como centinelas da conservación en espazos naturais
- Data: Venres 8 de maio de 2026
- Hora: 19:30
- Lugar: Auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol
- Organiza: Sociedade Galega de Historia Natural
- Patrocina: Deputación da Coruña.
