Animada edición de “Lendo a Natureza”, un percorrido dende o Cantón de Molíns ao Xardíns das Angustias para descubrir a xeoloxía, a flora e a fauna que atesouran os máis antigos xardíns urbanos de Ferrol. Un día fermoso para apreciar unhas instalacións centenarias, pensadas para o lecer cun deseño de urbanismo de cidade de vai para catro séculos.
Os próximos dous actos do programa “A Biblioteca sae ao medio” serán o 8 e 15 de setembro, senllas visitas nocturna e diurna ao sistema dunar e lacustre de Doniños.