Non é época para “limpar cauces”

Segundo novas de prensa “La CHMS refuerza la limpieza de los cauces para evitar inundaciones. Esta semana actúa en los ríos Barbantiño y Arnoia, dos regatos en Toén y Viana do Bolo y en el canal principal de la Lagoa de Antela”.

Máis aló das dúbidas de cómo se farán, hai a certitude de que a época elixida para ditos traballos difícilmente podería ser máis inoportuna pois nos atopamos en plena tempada de reproducción e crianza da meirande parte de especies de fauna. Ademais, algúns dos treitos fluviais afectados están incluidos dentro da Rede Natura 2000 (canal principal da Lagoa de Antela) ou nas propostas de ampliación elaboradas pola Xunta de Galicia (río Arnoia).

Polo devandito, SGHN ven de dirixirse á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e á delegación en Ourense da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático solicitando que se paralicen de inmediato todas as intervencións de “limpeza de cauces fluviais para evitar inundacións” ata que remate a tempada de reproducción e crianza da fauna.

Río Barbantiño

  • Divulga ti tamén!