Nosas terras. Noso futuro. Somos a #XeneraciónRestauración

Este é o lema de 2024 para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente que este ano céntrase na restauración das terras, a resiliencia á seca, a desertificación e a protección dos solos.

Desde logo somos a #GeneraciónRestauración pero hoxe por hoxe é imprescindible a #XeneraciónConservación para procurar á conservación do noso patrimonio natural. Baste señalar, por poñer un exemplo cercano no tempo, a incidencia do proxecto GREENFIBER: ALTRI, para o que se elexiu un dos piores emprazamentos de Galicia para unha actividade industrial destas características:

  • Coa metade do seu perímetro lindeiro coa ZEC ES1110014 Serra do Careón.
  • Augas arriba da ZEC ES1140001 Sistema fluvial Ulla-Deza.
  • Augas arriba da Ría de Arousa (ZEC, ZEPA e Humidal Ramsar Complexo intermareal Umia – O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira).
  • Nunha zona que se contemplou para a ampliación da Rede Natura 2000.

Ademáis as obras terán un impacto significativo sobre hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción no medio terrestre (Armeria merinoi, Santolina melidensis, Leucanthemum gallaecicum, Centaurea janeri) e acuático (Margaritifera margaritifera, Galemys pyrenaicus).

Por eso dende SGHN propomos ampliar o lema elexido: “Nosas terras. Noso futuro. Somos a #XeneraciónRestauración pero hoxe, máis que nunca, somos a #XeneraciónConservación”.