Apadriña un predio en A Limia. Nova campaña

Hoxe celebramos o día mundial do medio ambiente cunha nova campaña de apadriña un predio en A Limia. Si queres colaborar nos proxectos que vimos desenvolvendo aquí tes a túa oportunidade.

Unha das liñas de traballo da Sección Antela en A Limia é o aluguer ao banco de terras de Galcia de predios de titularidade pública coa finalidade de protexer e conservar o medio natural (hábitats e especies) aplicando medidas orientadas a evitar que se produza a súa degradación.

Como ben sabedes, fai uns anos promoveuse a campaña apadriña/ amadriña unha có obxectivo de cubrir os custos derivados do aluguer grazas a colaboración de socios e simpatizantes.

Recentemente o BANTEGAL-AGACER ven de resolver varias das solicitudes que aínda tíñamos pendentes, de tal xeito que temos unha boa cantidade de parcelas novas alugadas, e … claro está … sen apadriñar/amadriñar.

Predios do BANTEGAL-AGADER a amadriñar/apadriñar de todas as formas, tamaños e prezos

Con este motivo é neste día ben sinalado tendes a oportunidade de colaborar con nós nesta nova campaña de apadriña un predio en A Limia e ademáis podemos ofrecer moita variedad en formas, tamaños e tipoloxía das fincas, …. e prezos: 25, 30, 35, 40, 45, 50 e 100 euros. Os apadriñamentos son renovables anualmente.

Si estades interesados non tendes maís que contactar en: antela@sghn.org