Outono naturalista en Ferrol: paseo nocturno por Doniños

Dentro do ciclo “Outono Naturalista” de actividades de divulgación organizado pola SGHN-Ferrol, está prevista unha saída nocturna ao areal e lagoa de Doniños o vindeiro sábado 7, que se complementará unha semana despois con outra idéntica, pero diúrna, coa pretensión de facer un contraste noite-día no público participante.

Ao igual que o resto das actividades ofertadas dentro deste ciclo pola SGHN-Ferrol, esta saída é gratuíta grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña, pero é precisa a inscrición previa.

  • Inscrición previa imprescindible: correo electrónico ferrol@sghn.org ou teléfonos 698141384 · 881931315
  • Límite de participantes: 20 prazas.
  • Punto de partida: aparcadoiro de Outeiro (praia de Doniños, Ferrol): https://goo.gl/maps/Y12SiZTgVvq
  • Duración aprox.: 21:00-24:00 h.
  • Distancia aprox.: 3,2 km.
  • Recomendación: levar roupa e calzado cómodos, acordes coa predicción meteorolóxica.